A Revista Galega de Filoloxía conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolveren algún aspecto lingüístico ou literario do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade. Do mesmo xeito, serán obxecto de consideración para seren publicadas as recensións de obras que trataren algún tema relacionado coa lingüística e a literatura, quer xerais, quer elaborados no mundo lusófono.

Indexada en: CARHUS Plus +2018 | CIRC | DICE | DOAJ | ERIHPlus | ISOCLatindex | Linguistic Bibliography | MIAR | Scopus

Petición de contributos_RGF 24 (2023)

2023-03-14

A Revista Galega de Filoloxía informa de que xa está aberto o período de remisión de traballos para o próximo número 24, correspondente ao ano 2023.

Para alén de contidos lingüísticos, a revista abre a súa temática a contributos (artigos, notas e recensións) centrados en calquera asunto relativo aos estudos literarios e culturais, especialmente no ámbito galego-portugués.

As linguas de publicación son o galego, o portugués e o inglés. O Consello de Redacción estudará a publicación das propostas noutras linguas.

A data limite para o envío de orixinais remata no día 1 de xuño de 2023.

Vol. 23 (2022)

Publicados: 2022-12-30

Táboa de contidos

Índice

Publicado Feb 13, 2023
Páxinas 1-4

Os suxeitos explícitos no galego medieval

  • Alexandre Rodríguez Guerra
Publicado Dec 27, 2022
Páxinas 144-163

Algúns aspectos da relación entre fraseoloxía e sintaxe

  • María Rosario Soto Arias
Publicado Dec 27, 2022
Páxinas 164-178
Ver todos os números