Vol. 01 Núm. 019 (2015)

AMS19

A educación ambiental non está presente nas axendas políticas de moitos dos países; neste momento, no que os problemas ambientais parecen non ter límites e a súa gravedade resulta asustadora, moitas administracións públicas e entidades privadas desvían a súa atención, inhibiéndose da súa responsabilidade cara á sociedade.
Este número da revista recolle unha serie de propostas de acción en distintos escenarios: desde a participación política, á formación do profesorado nas Universidades ou dos axentes ou guías-intérpretes no marco da Unión Europea, até en espacios tan concretos como son os Centros de Interpretación Ambiental.
Presentamos ademáis a proposta de texto da Axenda 2030 proposta desde Nacións Unidas,
Transformando Nosso Mundo: A Agenda 2030 para o Desenvolvimento Sustentável, na que
se quere marcar un Plan de Acción a través dos obxectivos globais. Esta Axenda contén 17
Obxectivos de Desenvolvimento Sustentável e 169 metas a cadar até o ano 2030.
Unha vez máis, ambientalMENTE sustentable desexa ser ese espacio de reflexión e intercambio coa intención de promover un Planeta máis equitativo e comprometido coa vida.

Publicada: 2016-05-26

Número completo

Marco teórico

  • Construíndo unha política pública estruturadora dirixida a previr danos ambientais e actividades ilícitas a través de procesos educativos emancipadores

    Isis Akemi Morimoto Marcos Sorrentino
    7-57
    ##submission.viewAbstract##

Traxectorias e retos

  • Traballando cos mestres en formación na educación para a sustentabilidade: o coñecemento e conservación da biodiversidade

    Ánxela Bugallo-Rodríguez
    59-71
    ##submission.viewAbstract##
  • A horticultura terapéutica como ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas maiores residentes nun centro residencial: o proxecto “VIMIHORTA”

    M.ª Carmen Ameijeiras Arias
    73-87
    ##submission.viewAbstract##

Recursos e instrumentos sociais

  • Análise dos centros de interpretación ambiental portugueses

    Pedro Morais António Dinis Ferreira Javier Benayas
    89-107
    ##submission.viewAbstract##

Banco de boas prácticas

  • HeriQ: buscando a autoestrada cara a calidade da formación en interpretación

    Evarist March
    109-114
    ##submission.viewAbstract##

Documentos