O Proceso de depuración do maxisterio na provincia da Coruña
DOI:
https://doi.org/10.17979/srgphe.2017.21.0.4826Palabras clave:
Franquismo, represión, depuración, maxisterio, A Coruña, Xosé Toba Fernández, Palmira González LópezResumo
Neste artigo ofrécese unha visión panorámica da depuración sufrida polo maxisterio público da provincia da Coruña entre 1936 e 1942, que conduciu á sanción dunha boa parte dos seus efectivos. Examínase primeiro a represión practicada polas autoridades militares e académicas, concentrada nos meses de agosto e setembro de 1936, e despois a realizada polo aparato especificamente depurador entre 1937 e 1942; diferénciase o alcance que tivo este proceso para mestras e mestres; descríbese a xeografía da represión, tomando o concello como unidade de análise; e revísanse os expedientes de depuración de Xos.éToba Fernández e de Palmira González López. As principais fontes utilizadas foron o Boletín Oficial do Estado e o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que permitiron cuantificar o proceso, e os expedientes de depuración, que resultan fundamentais para apreciar a súa dinámica e significado.