Contido principal do artigo

Xosé Manuel Cid Fernández
Universidade de Vigo
España
https://orcid.org/0000-0002-7470-1737
Vol. 21 (2017), Monografía. Depuración do maxisterio, Páxinas 73-99
DOI: https://doi.org/10.17979/srgphe.2017.21.0.4821
Recibido: nov. 30, 2018 Aceptado: nov. 30, 2018 Publicado: out. 10, 2018
##submission.howToCite##

Resumo

A represión sufrida polo maxisterio en 1936 foi un proceso meditado e organizado para derrubar todo o que lembrase á escola republicana, tanto o seu soporte ideolóxico, como as innovacións metodolóxicas experimentadas nese curto período de renovación e democratización. Ourense foi unha das prazas fortes na consolidación da escola republicana –cunha poderosa asociación con conciencia de clase e unha revista vangardista–, e a resposta dos golpistas pódese cualificar de cruel e desproporcionada.
Os amañados consellos de guerra, os paseos, a destitución e/ou inhabilitación para o exercicio da ensinanza, os traslados, as suspensións temporais de emprego e soldo foron as principais sancións a que se enfrontaban, e que padeceu aproximadamente un terzo dos máis de 1700 mestres da provincia. Os outros dous terzos non se libraron dun férreo control sobre a súa vida privada e o seu exercicio profesional. Moitos dos mais perseguidos evitaron o paso de “destituídos” a “paseados” aproveitando a solidariedade dos veciños, das organizacións de axuda a republicanos e das poboacións fronteirizas da raia portuguesa.Jose Antonio Afonso (2016), Escolas rurais na 1ª República portuguesa. 1910-1926. Discursos e representações sobre a periferia.
Entre todas as acusacións, a pertenza á ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) era de alto risco, polo que os dirixentes tiraron de imaxinación para pórse a cuberto. De feito, o número de dirixentes da Asociación paseados redúcese a tres, que, ademais, non eran dos mais activos no seu funcionamento. A maior parte conseguiu exiliarse ou permanecer agochada.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo