Amputar, segar, limpar e purificar A depuración do maxisterio durante o franquismo
Contido principal do artigo
Resumo
A ditadura franquista, desexando deslexitimar as políticas educativas republicanas, converteu o maxisterio primario en obxectivo prioritario da súa acción represiva, para o que articulou unha tupida rede de mecanismos destinados a purgalo e esixir responsabilidades. A depuración, co seu duplo carácter punitivo e preventivo, tivo o seu inicio de xeito inmediato ao golpe militar e durou ata a finalización da ditadura. Na primeira parte do artigo trazaremos as liñas xerais dos fundamentos ideolóxicos e legais da depuración, e exporemos as súas fases e os mecanismos utilizados. Na segunda, tras unha revisión das publicacións máis recentes, tentaremos un balance do estado da cuestión, detallando as porcentaxes de persoas sancionadas das provincias analizadas e mais a incidencia das variables territoriais de xénero e de renovación pedagóxica, así como algúns datos sobre o alcance da represió física do maxisterio. Concluímos reafirmando o carácter político e a arbitrariedade do proceso depurativo.