Guide My W@y! Cara un marco metodolóxico común para a euro-orientación da carreira da mocidade na mobilidade internacional
DOI:
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.03.395Keywords:
orientación da carreira, mobilidade internacional, euro-orientación, mocidadeAbstract
O presente traballo recolle un avance de resultados da fase inicial do Proxecto Guide My W@y, que ten entre os seus principais obxectivos a configuración dunha metodoloxía común e válida para ser empregada polos orientadores da carreira europeos en tarefas de orientación á mocidade para a mobilidade internacional. O modelo de referencia ten como base o concepto metodolóxico alemán “BEKO” (de éxito no país xermano), empregado na Axencia Federal de Emprego, e caracterizado por desenvolver un asesoramento enfocado cara a práctica profesional, e baseado nun coñecemento actualizado teórico e práctico do mesmo. Este concepto estrutúrase nunha metodoloxía e nuns contidos modulares específicos. A metodoloxía recolle os métodos de orientación da carreira no ámbito da mobilidade transnacional da xuventude, incluíndo unha secuencia de pasos lóxicos que axudan a guiar a forma de proceder na práctica, ademais das técnicas e instrumentos máis axeitados a empregar. En canto aos contidos modulares, abarcan cuestións como a elección e orientación da carreira, o perfil operativo na mobilidade internacional, o recoñecemento de certificados, os marcos legais, a mobilidade intercultural e a colocación laboral, educativa e profesional. Neste traballo preséntase a investigación desenvolvida polas institucións socias do Proxecto, entre as que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela, en relación aos contidos relacionados coa xestión do perfil para a mobilidade internacional da mocidade realizada por parte dos profesionais da Orientación en xeral, e dos EURES en particular, en España, Alemaña, Polonia e a República Checa. O obxectivo é coñecer as formas de proceder dos orientadores no traballo co perfil dos orientados (técnicas e instrumentos máis usados; cuestións e tarefas clave; principais fontes de información manexadas para a xestión do perfil) e analizar as súas necesidades coa intención de, en fases posteriores, discutir e axustar o modelo metodolóxico de referencia (BEKO). A metodoloxía empregada no estudo baseouse na realización dunha enquisa a través dun cuestionario con preguntas pechadas e abertas, aplicado a orientadores/as da Rede EURES así como aqueloutros de referencia que desempeñan funcións de euro-orientación no seu servizo. Entre os resultados a destacar, cabe salientar o alto grado de coincidencia entre os profesionais dos diferentes países en canto ao seu frecuente manexo de instrumentos tales como o CV e carta de presentación, así como a técnica da entrevista, durante o proceso de xestión do perfil. En canto ás cuestións clave na xestión do citado perfil, resáltanse diferentes perspectivas nos orientadores/as dos países enquisados, centradas no orientado e no propio orientador/a. Sobre as fontes de información, tamén existen diferenzas, pero resulta común a referencia ás ferramentas tecnolóxicas. Como conclusión, aínda habendo aspectos coincidentes en canto ao uso de ferramentas, anticípase, en xeral, dificultade en unificar as prácticas nun modelo metodolóxico estándar nos países participantes no Proxecto, en certa medida explicable polas características do propio perfil profesional dos orientadores/as, a súa formación de base e a idiosincrasia dos servizos de orientación en cada país.Downloads
Publication Facts
Reviewer profiles N/A
Author statements
Indexed in
-
—
- Academic society
- N/A
- Publisher
- Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Downloads
Published
How to Cite
Issue
Section
License
The papers published in this journal are licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.
Authors are the holders of the exploitation rights (copyright) of their work, but grant the right of first publication to the Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, which may publish in any language and format as well as publish and distribute their whole or partial content by any technologically available means and via data base.
Authors are allowed and encouraged to disseminate the articles accepted for publication on personal or institutional websites, before and after their publication, provided it is clearly stated that the work is in this journal and all bibliographic data are provided along with access to the document, preferably through the DOI (if it is indispensable to use a pdf, the final version formatted by the journal should be used). In the case of articles resulting from funded studies or projects, this will be done within the deadlines and terms established by the supporting organisation(s) of the published research.