A Educación Ambiental como investigación educativa

José Antonio Caride Gómez

Resumo


A educación ambiental acredita unha ampla e diversificada traxectoria de discursos e de prácticas altamente suxerentes para a investigación educativa, en que –a pesar dos logros que se acadaron– aínda constitúe unha liña de traballo emerxente. Neste sentido, con argumentos que afonden as súas raíces na crise ecolóxica, a complexidade dos saberes ambientais e a procura de alternativas pedagóxicas aos graves problemas que nos afectan como sociedade e como civilización, o seu quefacer investigador –na confluencia que articulan as Ciencias da Educación e as Ciencias Ambientais, coas súas respectivas comunidades científicas– non deixan de situarnos ante temas, estratexias e métodos caracterizados por unha constante apertura epistemolóxica, conceptual e empírica. Non só polas mudanzas que se foron experimentado nos modos de ler e interpretar as relacións educación-ambiente, que hoxe complican as controversias que existen entre a educación ambiental e a educación para o desenvolvemento sustentable; tamén polos significados científicos, académicos e até ideolóxicos que estas relacións comportan para as persoas e os procesos de cambio social. Neste tema centramos a atención deste artigo.


Palabras clave


Educación ambiental, investigación educativa, saberes ambientais, crise ecolóxica, complexidade, interdisciplinariedade

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2007.1.3.897

##plugins.generic.referral.referrals##

  • ##plugins.generic.referral.all.empty##