Vol. 27 Núm. 1 (2020)

Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental

En plena pandemia sae á luz este novo número e quisemos ter unha mirada desde a Educación Ambiental á situación actual de crise ecolóxica e sanitaria; esta vez a mirada ven desde o Brasil. Mais non renunciamos a ter unha mirada máis poliédrica e desde certa distancia, polo que queremos pechar o ano adicando un monográfico ao Covid-19 desde a perspectiva da Educación Ambiental e da lusofonía.

Pasado, presente e futuro da Educación Ambiental recolle varias porpostas metodolóxicas para saber de donde vimos e propoñer cara a donde vamos. O segundo artigo é unha historia da Educación Ambiental na Catalunya vista desde dentro, vinculada á xestión, primeiro de Espacios Naturais Protexidos e na última década, desde unha perspectiva máis global, complexa e interrelacionada e, sen perder a mirada estatal e internacional: unha interesante porposta de recollida para ir sumando as historias locais e confeccionar esa historia común. Para o presente e de cara o futuro recollemos dúas aportacións que entenden a Educación Ambiental como un instrumento político para o cambio da sociedade actual, de cara a perspectivas ecosociais: un artigo desde Brasil que é unha guía metodolóxica para favorecer os cambios e un artigo desde un movemento de ciberactivismo español que mostra as inmensas posibilidades que ofrece a web 2.0 para actuar de forma coordinada.

Para rematar, a revista recolle experiencias que mostran que outro mundo é posible, a través da divulgación e a participación social, a través do coñecemento e do compromiso, a través da implicación local para a transformación global.

DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2020.27.1

Publicada: 2020-06-30

Táboa de contidos

Voos e desembarques nas xanelas existenciais da Educación Ambiental

  • Angelica Cosenza
  • Celso Sanchez
  • Fatima Elizabeti Marcomin
  • Marco Barzano
  • Mauro Guimarães
  • Michèle Sato
  • Philippe Layrargues
Publicado: xuño 30, 2020
páxinas 7-19

MeteoEscolas, un gran de area máis na Educación Ambiental

  • Ana Lage González
  • Natalia Solovieva Soloviev
  • Ángeles Lago Núñez
Publicado: xuño 30, 2020
páxinas 109-117

#EA26: unha experiencia de ciberactivismo pola Educación Ambiental

  • Beatriz M. Guerra
  • David Gutiérrez
  • María José Molina
  • Sonia Calvo
Publicado: xuño 30, 2020
páxinas 147-161