Proxecto FÉNIX: tecendo redes a través dun proceso de procesos na educación ambiental en Galicia
Contido principal do artigo
Resumo
A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) recolle nos seus estatutos, entre outros, a creación de foros para facilitar o intercambio de experiencias en Educación Ambiental e a concertación de liñas de actuación e colaboración con colectivos preocupadas polo medio ambiente. O Proxecto Fénix foi unha plataforma de diagnóstico da situación da Educación Ambiental en Galicia e a actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, que durante catro anos, funcionou como un proceso de traballo en rede a través do intercambio de coñecementos e o contraste de opinións. Coa filosofía de traballo en rede buscábase á xeración de coñecemento e á súa socialización entre os actores e, tamén, un procesos de cambio e transformación na sociedade galega.