Contido principal do artigo

Pablo A. Meira Cartea
Universidade de Santiago de Compostela (Galicia-España)
Vol. 02 Núm. 08 (2009), Marco teórico, Páxinas 15-43
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.836
Recibido: xuño 30, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

A finalidade deste artigo é “deconstruír” a traxectoria da educación ambiental (EA) para intentar ir alén da visión histórica lineal, descontextualizada, sen suxeitos e sen conflitos, que predomina na literatura deste campo. As versións institucionalizadas adoitan partir da Conferencia de Estocolmo (1972) e rematar coa última celebración consagrada polo sistema das Nacións Unidas, fito que lle corresponde, hoxe por hoxe, ao IV Congreso Internacional sobre Educación Ambiental Tbilisi + 30, celebrado en Ahmedabad (India), no ano 2007.


Neste itinerario ocupa un lugar central, equivalente a un mito fundacional, a conferencia celebrada en Tbilisi no ano 1977 e as recomendacións que nela se propuxeron. Con esta aproximación histórico-crítica preténdese achegar algunha luz –ou, cando menos, unha luz distinta– á tarefa de desentrañar e comprender a suposta –ou real– crise que se está a vivir no campo da EA e o papel que xoga nesta conxuntura o mito de Tbilisi. Como recurso metodolóxico adóptase una aproximación analítica a medio camiño entre a arqueoloxía do discurso foucaultiana e a socioanálise de Bourdieu.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo