Contido principal do artigo

Ana Teresa López Pastor
Universidade de Valladolid (España)
Vol. 01 Núm. 07 (2009), Marco teórico, Páxinas 39-67
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2009.01.07.849
Recibido: xuño 30, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

Este artigo é o resultado dunha investigación sobre as representacións sociais a respecto do cambio climático. Creáronse tres grupos de discusión, dous urbanos e un rural, na procura de coñecermos o discurso da cidadanía de ambos os sexos, en dúas xeracións de idade (mozos adultos e adultos mozos) de que a identidade, os valores e o estilo de vida non se definen a priori por ser o ambiental un aspecto dominante. As conclusións amosan un consenso canto á importancia e urxencia de actuar sobre o cambio climático, a aceleración deste como consecuencia da acción do ser humano e a maior responsabilidade dada aos gobernos e ás empresas. Os obstáculos ao cambio de actitudes e comportamentos van desde o sistema produtivo e a sociedade de consumo até o ritmo de vida, a comodidade e a falta de concienciación, de información e de control do cumprimento da lei. A ambivalencia que liga os obstáculos e as solucións é permanente ao longo de todos os discursos, así como o peso dado aos fillos e o que isto implica, e a transcendencia da cultura da reciclaxe e da auga como algo asentado. Finalmente, presentamos unhas breves propostas para avanzarmos, tanto no coñecemento como na acción.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo