Contido principal do artigo

Jorge Bonache López
Técnico de Uso Público do parque nacional Illas Atlánticas (Galiza-España)
Vol. 02 Núm. 04 (2007), Recursos e instrumentos sociais, Páxinas 81-90
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.886
Recibido: xul. 1, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

A conservación dos hábitats e especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que constitúe o principal obxectivo da súa declaración, así como da doutros espazos naturais, debe ir ligada á concienciación ambiental dos visitantes e dos habitantes do ámbito, para crearmos deste modo na sociedade unha conciencia favorable á conservación e ao respecto da natureza.


Despois de realizar unha introdución do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e dos valores naturais que motivaron a súa declaración, e de explicar brevemente os principais proxectos de xestión e conservación que se realizan no parque, o presente artigo intenta argumentar por que é importante ter en conta os aspectos sociais e educativos na conservación dos espazos e as especies, usando como exemplo e explicando as distintas actuacións que se realizan nas illas atlánticas de Galicia en relación coa información ao visitante, a divulgación ambiental, a educación ambiental e mais a participación dos cidadáns na xestión e a conservación.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo