Os inicios oficiais das escolas ao aire libre en España: o Sanatorio Marítimo Nacional de Pedrosa (Santander, 1910)
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2009.02.08.839Palabras clave:
Hixiene e educación, escolas ao aire libre, infancia, sanatorio marítimo, tuberculose, colonias escolaresResumo
Ao longo do último terzo do século XIX a loita antituberculosa foise acentuando en todos os países europeos como medida de protección á infancia que se atopaba en período curable e non propagable da enfermidade. Vanse fundando establecementos destinados a este fin, como por exemplo, os sanatorios marítimos -con gran presenza e importancia en moitos países europeos- para combater e destruír na medida do posible o bacilo da tuberculose. En 1910 España abre por primeira vez establecementos deste tipo, con cargo ao Estado, nos antigos lazaretos de Pedrosa (Santander) e Oza (A Coruña), reconvertidos a partir de entón en sanatorios marítimos para nenos e nenas pretuberculosos, que serían enviados polos concellos, deputacións, asociacións benéficas e particulares para beneficiarse do que se denominaba cura hixiénica; é dicir, aire puro, sol, mar, boa alimentación e repouso. A todo isto engadíase un programa de instrución ao aire libre, perfectamente compatible cos tratamentos médicos impostos polo seu estado delicado de saúde. Se algo caracterizaba a este tipo de establecementos era a combinación perfecta de medicina e pedagoxía.
Descargas
##submission.downloads##
##submission.howToCite##
Número
Sección
Licencia
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.