Contido principal do artigo

Elisa Barahona Nieto
Secretaria General de Pesca Marítima (España)
Vol. 02 Núm. 04 (2007), Recursos e instrumentos sociais, Páxinas 99-108
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2007.02.04.888
Recibido: xul. 1, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

A pesqueira de atún vermello Thunnus thynnus, intensificouse nos últimos anos, especialmente no Mar Mediterráneo, por mor dos altos prezos que alcanza a súa carne no mercado xaponés. Hai tempo que os científicos da Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico (ICCAT) veñen alertando do risco de colapso desta pesqueira debido á sobrepesca. Nos últimos anos, unha nova práctica industrial sumouse aos graves problemas de conservación deste stock: a cría e engorde de atún en gaiolas, que provocou un aumento das capturas para o seu engorde e posta no mercado ao longo de todo o ano.


A negociación do Plano de Recuperación levou consigo un proceso de consultas intenso con todos os sectores afectados. Realizáronse numerosas reunións co sector pesqueiro implicado para tratar de incorporar na negociación as súas formulacións pola importancia económica do sector, pero sempre e cando fosen compatibles coa necesidade de adoptar medidas serias para a protección deste stock.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo