Especies mariñas protexidas
Contido principal do artigo
Resumo
A costa galega conta con 20 especies de cetáceos, 6 de pinnípedes, 6 de quelonios, unha de selacio e un carnívoro acuático, e destacan o arroaz e a toniña como especies residentes e protexidas, pero ameazadas. Dunha situación social de descoñecemento, hai décadas, pasouse a unha fase onde a participación social intégrase na rede de varamentos e monitorización. Os máis de 200 exemplares varados ao ano fan que a información sobre estas especies flúa dun xeito habitual. Para poder abordar un labor de conservación cómpre identificar as ameazas, o cal no mar é unha tarefa difícil, e deseñar unha serie de actuacións entre as que se poden contar: unha rede de varamentos para a asistencia e rehabilitación dos animais varados; unha unidade de estudios de campo con contacto co sector pesqueiro, para abordar os problemas da interacción pesqueira; a posta en marcha dun equipo multidisciplinar de investigación; o incremento e consolidación da monitorización coa conseguinte implicación social a través do voluntariado ambiental; o cambio estrutural e transversal das políticas sobre o medio mariño; a necesidade de elaboración de planos de conservación para a pervivencia de P. phocoena e T. truncatus, así como a revisión doutras especies que puidesen estar na mesma situación