Vol. 8 Núm. 2 (2023)

Gestación comercial: unha nova plusvalía xenérica

Fai máis de tres décadas Carole Pateman (1988) identificaba dúas institucións fundacionais do Contrato Sexual e a suxeición feminina: o matrimonio e a prostitución, as mulleres privadas e as públicas. As privadas aseguraban a descendencia do home no marco da unión matrimonial e, por tanto, non deben nin poden ser de acceso público. As segundas, definidas como públicas, garanten o privilexio patriarcal de dispoñibilidade sexual dunha muller en calquera momento e ocasión. Fronte á muller privada-boa, consagrada ao esposo, á familia e cunha proxección pública da súa honra e dignidade estreitamente vinculada ao interdicto da súa liberdade sexual, a muller pública-mala construíuse como un oposto e complementario sexualizado. Pero, como sinala Ekis Ekman (2013), a industria gestacional rompeu ese binarismo para reinventarse un novo modelo: a muller “pública” boa, unha solidaria gestante que cede o seu corpo, a súa capacidade reprodutiva, pon en risco a súa saúde e asume empáticamente as secuelas físicas e psicolóxicas dunha hiperhormonación, un embarazo e un parto para cumprir os desexos de paternidade/maternidade de persoas descoñecidas cedendo, a través dunha empresa intermediaria, a custodia e filiación das súas fillas/os.

DOI: https://doi.org/10.17979/arief.2023.8.2

Publicada: 2023-07-28

Táboa de contidos

Entrevista a Julia Sevilla Merino

  • Lidia F. Montes
Publicado: xul. 28, 2023
páxinas 184-186

Vivenzas de mulleres prostituidas os danos ocultos

  • Lorena Añón Loureiro
  • María Lameiras Fernández
  • Miguel Clemente
Publicado: xul. 28, 2023
páxinas 187-211

Produccións discursivas dos homes pola igualdade respecto á prostitución

  • Beatriz Ranea Triviño
  • Miguel A. Hidalgo Medina
Publicado: xul. 28, 2023
páxinas 212-231