“Mulleres colleiteiras” e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2017.23-24.1.3392Palabras clave:
educación ambiental, aceite doméstico empregado, exclusión social, muller, aprendizaxe e servizoResumo
No curso 2015/16, o alumnado de 1º e 3º de Educación Social participou nun proxecto de Aprendizaxe e Servicio (ApS) co colectivo de “Mulleres colleiteiras”. Os obxectivos fóron visibilizar o seu traballo de recollida e valorización dun residuo –aceites domésticos usados– e conseguir maior apoio da comunidade universitaria na recollida. “Mulleres colleiteiras” son unha cooperativa de traballo asociado formado por mulleres en situación de exclusión social, co apio da ONGD Arquitectura sen Fronteiras. A súa iniciativa ten un triple beneficio: económico, social e ambiental. O alumnado -no marco de tres materias- deseñou unha campaña de sensibilización centrada en tres dimensións: coñecer as razóns de exclusión social e laboral deste colectivo, coñecer os problemas do verquido de aceite doméstico na rede de auga potable e coñecer en profundidade a iniciativa das “mulleres colleiteiras”. Os resultados foron moi positivos por: o incremento de aceite recollido, o recoñecemento que recibiron as mulleres e a satisfacción do alumnado en aunar coñecemento-acción-transformación.
##plugins.themes.default.displayStats.downloads##
Citas
CUFIE. (s/d). Documento Marco do Programa de Aprendizaxe e Servicio na UDC. https://www.udc.es/cufie/INNOVACION/ApS/Documentacion.html
Mendía Gallardo, Rafael (2012). El Aprendizaje-Servicio como una estrategia inclusiva para superar las barreras al aprendizaje y a la participación, Revista de Educación Inclusiva, vol. 5, nº 1, pp. 71-82.
Mendía, Rafael e Víctor Moreno (2010). Aprendizaje y Servicio Solidario: una estrategia para la inclusión social. Bilbao: Zerbikas Fundazioa.
Puig, Josep, Roser Batlle, Carme Bosch e Josep Palos (2007). Aprendizaje servicio. Educar para la ciudadanía. Barcelona: Editorial Octaedro.
Descargas
Publicada
Número
Sección
Licenza
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
