A xestión forestal próxima á natureza como método de xestión sustentable
DOI:
https://doi.org/10.17979/ams.2008.02.06.763Palavras-chave:
xestión forestal, biodiversidade, estrutura forestal, perturbacións, ProsilvaResumo
A xestión forestal sostible é aquela socialmente útil, economicamente viable e ambientalmente responsable. Por ambientalmente responsable débese entender, sobre todo, manter a biodiversidade dos montes xestionados. Posto que a biodiversidade é o produto de millóns de anos de evolución, mentres que o social e o económico son concepcións humanas que poden experimentar cambios rapidamente, o mantemento da biodiversidade debería constituír o principal obxectivo da xestión forestal sustentable. A biodiversidade componse de tres atributos: composición, estrutura e función. De eles tres, a estrutura é o atributo máis doado de manexar e os xestores forestais teñen moita experiencia en facelo. Un axioma de todas as propostas de xestión forestal sustentable é que os bosques explotados deberían recrear bastante aproximadamente a estrutura presente nos bosques virxes, porque dese xeito se manterían os hábitats das diferentes especies forestais. Para conseguilo, as talas de aproveitamento madeireiro deberían imitar a mortalidade producida polas perturbacións de orixe natural. A xestión forestal próxima á natureza imita convenientemente esas perturbacións para a xeneralidade dos montes. Ademais, por se centrar en árbores individuais de calidade, resulta unha alternativa económica mellor e moi atractiva para todo tipo de montes, tamén para os bosques de pouca superficie.
Downloads
Downloads
Edição
Secção
Licença
Os traballos publicados nesta revista están baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Permitese e anímase aos autores a difundir os artigos aceptados para a súa publicación nos sitios web persoais ou institucionais, antes e despois da súa publicación, sempre que se indique claramente que o traballo pertence a esta revista e se proporcionen os datos bibliográficos completos xunto co acceso ao documento.
