Temática e alcance

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) publica traballos de investigación orixinais e inéditos dedicados a algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués. Calquera contributo que desenvolver algún tema de carácter lingüístico terá cabida na RGF. Con todo, para estabelecermos unhas liñas orientativas, as disciplinas a que se consagra esta publicación poderían ser agrupadas do modo seguinte: Lingüística Xeral, Lingüística Comparada, Gramática, Historiografía Gramatical, Lingüística Histórica, Dialectoloxía, Sociolingüística e Socioloxía da Linguaxe, Psicolingüística, Lexicografía, Estilística e/ou Estudo da Linguaxe Literaria, Crítica Textual etc.

Proceso de revisión por pares

Co obxectivo de garantir a orixinalidade, a calidade e o rigor científico dos traballos recibidos, a Revista Galega de Filoloxía emprega un proceso de revisión por pares anónimos e externos (double-blind peer review process).

Para avaliar os contributos, o/a revisor/a conta cun “Informe de revisión” en que deberá comentar e xustificar unha serie de aspectos estruturados á volta de cinco apartados (i. interese e ámbito temático; ii. presentación e estrutura; iii. contido; iv. fundamentación e metodoloxía; v. sistema de referenciación bibliográfica).

Frecuencia de publicación

Revista Galega de Filoloxía, fundada no ano 2000, ten unha periodicidade de publicación anual, cuxo número se edita a finais de cada ano.

Os artigos aceptados programaranse para a súa publicación nun número determinado da revista tan pronto como for posíbel. 

Política de acceso aberto

Esta revista proporciona un acceso aberto ao seu contido, baseado no principio de que ofrecer ao público un acceso libre ás investigacións axuda a un maior intercambio global do coñecemento.

Revista Galega de Filoloxía non cobra aos/ás autores/as ningunha taxa nin cota polo envío de traballos nin pola publicación dos seus artigos (APCs). Tampouco cobra nada aos/ás lectores/as por consultaren os artigos publicados.

Indexada en

REDIB

CARHUS Plus+ 2014
Dialnet
DICE

ERIH Plus
ISOC
Latindex
MIAR
REGESTA IMPERII
ZBD

Directrices éticas

A publicación de artigos científicos na RGF implica a aceptación duns principios e dunha conduta ética por parte de todos os axentes implicados neste proceso. Así, é condición indispensábel que se cumpran certos principios de integridade científica non só a respecto do rigor científico, da excelencia e da calidade da investigación, mais tamén con relación a un comportamento ético e responsábel.

Autores/as

Todos os traballos presentados á RGF deberán ser orixinais e inéditos, de modo que non poderán ter sido publicados previamente noutro formato ou idioma nin estarán sendo obxecto de revisión por outra revista. Para isto, o(s)/a(s) autor(es)/a(s) deberán asinar unha declaración en que se garantan estes parámetros.

A detección de plaxio nun traballo implicará a non aceptación do traballo ou a súa eliminación do número se este xa estivese publicado.

Os textos deberán estar redactados con claridade. Non se aceptarán traballos que non cumpran no tocante a cuestións formais e de redacción.

Todos os investigadores que participaran de forma significativa no conxunto do traballo serán autores da publicación

O traballo e as contribucións de colaboradores deberán ser recoñecidas de forma apropiada no propio texto.

No caso de coautoría, que unha autora asine un artigo implica o coñecemento deste no seu conxunto e o mesmo nivel de responsabilidade a respecto de todas as partes.

Editorial

Ofrece ás persoas que dirixen a revista as ferramentas necesarias para realizar con éxito o proceso de edición, ao tempo que contribúe coas súas recomendacións e actualizacións para lle dar maior visibilidade á revista, favorecendo o seu impacto.

Dirección da revista

Garante que os traballos que se presenten para seren publicados na RGF sexan avaliados con base en cuestións estritamente científicas e comprométese a non revelar a identidade da autoría para protexer o proceso de revisión por pares cegos. 

É a encargada de informar os/as autores/as sobre a aceptación ou a denegación dos trabalos logo de consultar os informes de revisión que realizan os avaliadores externos. Outrosí, tamén terá a potestade de rexeitar a publicación dun traballo se este non respecta a temática e o alcance da revista.

Avaliadores/as

Realizarán unha avaliación con base a criterios obxectivos e de forma clara e razoada. Garantirán a confidencialidade dos traballos avaliados e rexeitarán a avaliación dos traballos nos casos que seguen: cando consideren que excede o seu ámbito de especialidade, cando exista conflito de intereses ou cando non se poidan cumprir os prazos marcados pola dirección.  

Sponsors

Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galegas (ILLA). Universidade da Coruña

Historia do xornal

A Revista Galega de Filoloxía créase no ano 2000 no seo da Área de Galego-Portugués da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña; hoxe depende directamente do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).

A periodicidade da RGF é anual e, por tanto, leva publicados até 2015 un total de 16 volumes ordinarios. Alén destes volumes, a revista edita unha colección de anexos constituída por 10 monografías até a actualidade.