A FECYT (Fundación española para a ciencia e a tecnoloxía) vén de publicar a resolución definitiva da 9ª edición do proceso de avaliación da calidade editorial e científica das revistas académicas españolas correspondente ao ano 2025.

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) obtivo o selo de calidade FECYT e a mención de boas prácticas en igualdade de xénero. 

O equipo editorial da RGF agradece o seu apoio a todas as persoas que fixeron posíbel a obtención deste recoñecemento.  

Voltar