Contido principal do artigo

  • Belén Nogueiras
Belén Nogueiras
España
Vol. 4 Núm. 1 (2019), Presentación, Páxinas 1-9
DOI: https://doi.org/10.17979/arief.2019.4.1.5868
Recibido: dec. 22, 2019 Aceptado: xan. 6, 2020 Publicado: set. 7, 2020
##submission.howToCite##

Resumo

No ámbito da saúde maniféstase con total claridade e intensidade os mecanismos de poder que históricamente empregou o patriarcado para asegurarse a dominación das mulleres. As ciencias, as prácticas e as políticas sanitarias son potentísimas e necesarias ferramentas para o seu control e subordinación.
No feminismo contemporáneo, os discursos sobre a saúde, o malestar e a enfermidade das mulleres foi obxecto dunha profunda análise crítica. As teses patriarcais sobre a debilidade innata das mulleres, a súa fráxil saúde e a súa consecuente proclividade “natural” ao desenrolo de problemas físicos e emocionais, serviron para sustentar a súa inferioridade, fundamentar a desigualdade e lexitimar a súa subordinación. Pola contra, o feminismo desvela que é precisamente o sistema de dominación dos homes sobre as mulleres e as condicións estructurais impuestas polo patriarcado nas súas vidas as que danan a súa saúde, ao engadir un sufrimento ao que conleva a vida.
Este número monográfico ten o obxetivo de ofrecer unha perspectiva das liñas de investigación que se están desarrollando neste campo desde diferentes disciplinas, así como das accións e vindicacións feministas, tanto para a promoción e atención á saúde das mulleres, como para a transformación das ciencias, das prácticas e das políticas sanitarias nun sentido emancipatorio.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo