Contido principal do artigo

  • Carmen Castro García
Carmen Castro García
España
Vol. 1 Núm. 1 (2016), Presentación, Páxinas 4-7
DOI: https://doi.org/10.17979/arief.2016.1.1.1823
Recibido: out. 6, 2016 Aceptado: out. 6, 2016 Publicado: out. 20, 2016
##submission.howToCite##

Resumo

A economía feminista representa unha fiestra aberta á reflexión, investigación e acción política respecto aos eixes de crítica feminista máis relevantes sobre a economía dominante. Neste sentido, a crítica abarca diferentes dimensións e niveis que se interrelacionan entre sí, desde aspectos macro e estructurais do sistema global, aos efectos sobre as condicións de vida de mulleres e homes e tamén en relación a outras crises, como a de coidados, a ecolóxica ou a democrática.

Un importante foco de interese radica en facer emerxer desde a perspectiva de xénero, o entramado das relacións de poder desiguais e a súa influencia nos mercados de traballo, nos coidados e no reparto de tempos que mulleres e homes destinan á produción e reproducción social. A esta liña de traballo responden as leituras feministas respeto aos ciclos de crise económicas en xeral e respeto ás políticas de axuste desenroladas coa excusa da "grande crise" que nos atravesa desde 2007/2008. 

O enfoque transformacional está implícito en todas as dimensións da crítica feminista, se ben recóllese de forma explícita nalgúns plantexamentos  sobre cambio de modelo de sociedade. O obxectivo da sostenibilidade da vida coma prioridade coma prioridade das políticas públicas emerxe, confluindo con outras perspectivas altermundistas respeto ao cuestionamento das relacións patriarcais. 

O necesario diálogo entre as alternativas e aproximacións que se aportan dende la economía feminista pivota sobre unha diversidade de eixos, entre os que a persistencia ou dilución da división sexual do traballo ten un lugar preferente. A orientación das políticas públicas e da práctica de institucionalizar o enfoque da igualdade de xénero son vistas, por parte da crítica feminista, como instrumentos de utilidade para un proceso de transformación da orde social de xénero imposta.

Este primero número da revista ATLÁNTICAS inclúe un monográfico sobre Economía Feminista que amosa, no seu conxunto, un relato da situación e perspectivas máis significativas. 

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo