A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático no Centro de Referencia de Galicia, CEIDA

Verónica Campos, Araceli Serantes, Carlos Vales

Resumo


O cambio climático é o principal problema socioambiental que enfronta a nosa civilización, pola súa magnitude, velocidade e efectos, atopámonos cun dos principais retos como sociedade ao tratarse dun problema de orixe antrópico. A Educación Ambiental ten ante si o enorme desafío de contribuir na búsqueda de solucións, para o que é necesario facer unha revisión das prioridades de acción, dos programas que se executan e dos ámbitos de actuación en novos escenarios.

Nesta liña, o CEIDA, como centro galego de referencia, está a activar medidas educativas e divulgativas en varios planos: as que teñen que ver coa capacitación, encamiñadas ao coñecemento do cambio climático, as súas causas e as súas consecuencias, tanto a escala global, como a nivel local; as que teñen que ver coa sensibilización e concienciación, buscando dotar aos colectivos e aos individuos dos recursos necesarios para adoptar actitudes máis responsábeis centradas no aforro e eficiencia enerxética na nosa vida cotiá; e por último, as que teñen que ver coa acción, proporcionando espacios para a participación e o compromiso, individual e colectivo.

Palabras clave


CEIDA, educación ambiental, cambio climático, centros de referencia, Galicia

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2009.1.7.856

##plugins.generic.referral.referrals##

  • ##plugins.generic.referral.all.empty##