Educación ambiental e novos movementos sociais: aportacións para o cambio educativo
Contido principal do artigo
Resumo
O artigo explora o vínculo entre educación ambiental e cambio educativo desde a perspectiva da comunidade discursiva da política cultural. Esta línea discursiva constrúese a partir de accións promovidas polos novos movementos sociais, como o movemento ecoloxista e o movemento de movementos: o antiglobalización. A aparición destes supón un cambio cultural que se define como a volta del individuo á política ou a configuración da “política da vida”, porque as súas iniciativas supoñen a transformación do suxeito e as súas relacións socioculturais cara á politización da vida cotiá e do espazo privado. Esta viraxe pode ser vista como unha oportunidade para construir novas formas de facer política desde a non-política. Desde esta perspectiva se presentan unha serie de experiencias que ensaian novos espazos de emancipación no terreo ambiental e cultural máis xeral, nos que as intervencións desde a educación ambiental poden ofrecernos leccións a aplicar para o cambio educativo. A educación ambiental ten o reto de contribuir ao cambio educativo transformando os estilos de vida, pero que, do mesmo xeito que os movementos, debe vincular a revolución persoal co cambio das condicións políticas, sociais, culturais e económicas.