Sobre a revista
Enfoque e alcance
Esta publicación ten unha vocación interdisciplinar que acolle traballos académicos de todas as ramas do Dereito.
Proceso de avaliación externo por pares cegos
O Consello de Redacción enviará os traballos recibidos para a súa avaliación de expertos externos e a vista dos seus informes decidirá sobre a súa publicación. O arbitraxe será externo e o tipo de revisión: dobre cego.
As decisións serán comunicadas aos autores a través da plataforma do Anuario. No caso de que apublicación fose rexeitada deberán comunicarse os motivos dos avaliadores externos.
As datas de envío e de aceptación dos traballos debe aparecer nun lugar visible da publicación.
Se os traballos aceptados para a súa publicación non cumpren as condicións de edición expostas no apartado 2, devolveranse aos seus autores, concedendo un prazo non inferior a 10 días para facer as correspondentes modificacións formais. Se o autor non devolver o traballo debidamente corrixido no prazo indicado, enténdese que renuncia á súa publicación no Anuario.
Os autores recibirán unha única proba de erros, para corrixir erratas e deberán remitir o traballo definitivo nun prazo non superior a quince días. Se os autores non remiten en prazo as probas, o traballo será publicado nos termos que foi enviado. Nas probas de imprenta non se poderán realizar modificacións sustanciais no texto orixinal remitido.
O feito de publicar no Anuario non impide que o autor proceda a publicacións posteriores noutros medios, sempre e cando deixe constancia da súa publicación previa nesta revista.
O Anuario non se identifica necesariamente co contido das opinións expresadas polos autores nos traballos que se atopan publicados.
Política de acceso aberto
Esta revista proporciona un acceso aberto ao seu contido, baseada no principio do que pode ofrecer ao público un acceso libre ás investigacións para axudar a un maior intercambio global do coñecemento.
Indexada
Latindex
DURSI
Dialnet
CINDOC-CSIC
Dulcinea
IN-RECJ
ULRICHS
DADO
RESH
ISOC
Carhus + 2010
MIAR
Entidad editora da revista
Rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña.
anuario.dereito@udc.es
Historial da revista
O Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña é unha publicación anual que dende o ano 1997 ofrece a Universidade da Coruña a quen traballa no ámbito xurídico. A Revista xurdiu nos seus oríxes cunha vocación interdisciplinaria, coa intención de recoñecer aportacións nacionais e estranxeiras de investigadores das áreas de coñecemento xurídico-social. Así se reflicte nos sumarios de cada un dos números publicados ata a actualidade, que contan cunha sección voluminosa de artigos doutrinais de moi variada temática. Os volúmenes 1-16, correspondentes ao período 1997-2012 están accesibles na URL: http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/1886