Gregorio Sanz, o mestre elocuente

Palabras chave Gregorio Sanz García, Segunda República, Franquismo, depuración do maxisterio, consellos de guerra, Ribadeo

Resumo

Gregorio Sanz García (1900-1997) exerceu como mestre na escola da Fundación Pedro Murias (Vilaframil-Ribadeo), a escola pública de San Pedro de Benquerencia (Barreiros) e a escola preparatoria do Instituto de Ribadeo. O seu compromiso co proxecto transformador da Segunda República e a súa ideoloxía de esquerdas determinou que fose separado do ensino no curso do proceso de depuración a que foi sometido o maxisterio (1937) e condenado a vinte anos de cárcere por un consello de guerra (1938). Na súa traxectoria ocupa un lugar central a defensa da escola pública, que el prefería denominar «escola nacional».

Publicado
2019-07-06
Como citar
De Gabriel Fernández, N. (2019). Gregorio Sanz, o mestre elocuente. Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa De Historia Da Educación, 22, 207-234. https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5488
Sección
Estudos