Nas orixes das escolas ao aire libre: O caso italiano

Palabras chave historia educación, escolas ao aire libre, Italia, Padua, séculos XX e XXI

Resumo

No contexto do movemento de escolar ao aire libre que emerxiu en Europa e noutras partes do mundo nos primeiros anos do século XX, este artigo explora a primeira escola ao aire libre establecida en Italia na cidade de Padua. Abórdanse entre outras cuestions o aspecto contextual, os máis destacados animadores, os seus métodos de ensino e como estas escolas interaccionaron coa cultura escolar do seu tempo.

Publicado
2019-07-04
Como citar
D’Ascenzo, M. (2019). Nas orixes das escolas ao aire libre: O caso italiano. Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa De Historia Da Educación, 22, 69-77. https://doi.org/10.17979/srgphe.2018.22.0.5467
Sección
Monografía. Natureza e educación