Contido principal do artigo

José Dopazo Entenza
Instituto da Lingua Galega / Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol. 18 (2017), Artigos, Páxinas 49-68
DOI: https://doi.org/10.17979/rgf.2017.18.0.3179
Publicado: dec. 12, 2017
##submission.howToCite##

Resumo

A Illa de Ons, desde comezos do século XIX ata o seu despoboamento na década de 1970, tivo unha importante comunidade de fala que desenvolveu características e peculiaridades lingüísticas. Tras o éxodo da súa poboación cara ás penínsulas máis próximas (O Salnés e O Morrazo), as persoas máis novas presentaron unha maior permeabilidade coas falas dos lugares de destino. As últimas xeracións son as que máis influencia tiveron, tanto do ambiente en que viven, coma do estándar do galego e do castelán. O modelo de tempo aparente permite achegarse á mudanza da comunidade de fala da Illa de Ons a través de tres xeracións para describir as fricativas que empregan os seus falantes (apical, laminal e interdental), así como as dependencias que mostren das variables sexo, nivel de estudos, lingua e nivel socioeconómico. Para tal fin conto con 24 gravacións transcritas cun total de 32 informantes. O que se observa é que a primeira das xeracións presenta sempre seseo, alternando entre apical e laminal (con predominancia deste último). A segunda ten unha maior vacilación canto á presenza ou non do seseo, sendo o apical o que máis aparicións mostra dentro desta modalidade. Por último, a terceira das xeracións presenta maioritariamente a fricativa interdental, por tanto, non hai apenas casos de seseo e, en caso de o empregaren, é de tipo apical.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Métricas

Cargando métricas ...

Detalles do artigo

Citas

Dopazo Entenza, José Manuel (2013). Patrimonio lingüístico e cultural da Illa de Ons: textos e estudo. Inédito (tese de licenciatura). Universidade de Santiago de Compostela: Facultade de Filoloxía.

Fernández Rei, Francisco / Hermida Gulías, Carme (2003). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Dispoñible en http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php (Consultado: 08/09/16).

Fernández Rei, Francisco (dir.) (2010-). Arquivo do Galego Oral. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. Dispoñible en http://ilg.usc.es/ago/ (Consultado: 13/09/2013).

Fernández Rei, Francisco (1990). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.

González González, Manuel (1991). “Subsistemas de sibilantes no galego actual”. En Kremer, Dieter (coord.), Actes du XVIIIe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes. Tomo III. 531-548. Tübingen: Max Niemeyer.

González González, Manuel (2005). “Seseo, un término poco adecuado para la descripción de la realidad plurisistemática de la lengua gallega”, en Hernández Alonso, C. (coord.) Filología y lingüística. Estudios ofrecidos a Antonio Quilis. Vol. I. 253-261. Valladolid: Universidad de Valladolid.

Lorenzo Vázquez, Ramón (1993). “Algunhas consideracións sobre a evolución do sistema consonántico do galego medieval ó moderno”, en Kabatek, J. / Schönberger, A. (coords.) Sprache, Literatur und Galiciens. 13-26. Frankfut: Domus Editoria Europaea.

Maia, Clarinda de Azevedo (1988). “Antecedentes medievais do seseo galego” en Pedro Pereira (coord,) et alii, Homenaje a Alonso Zamora Vicente. Vol. I. 33-43. Madrid: Castalia.

Monteagudo Romero, Henrique (2004). “Do uso á norma, da norma ao uso (variación sociolingüística e estandarización no idioma galego)”, en R. Álvarez & H. Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, 377-436.

Heap, David (2003-2007). Atlas lingüístico de la Península Ibérica. ALPI serchable database. London: University of Western Ontario. Dispoñible en http://westernlinguistics.ca/alpi/db_login.php (Consultado: 08/09/16).

Labraña Barreiro, Sabela (2014). “Parámetros acústicos dos sons fricativos da lingua galega”, en Estudios de Fonética Experimental. Núm. XXIII. 203-243. Barcelona: Universidad de Barcelona.

Rodríguez Álvarez, Xosé Antonio (2002). “Descrición acústica das sibilantes no concello de Cangas do Morrazo”, en Constantino García (dir.) Cadernos de lingua. Núm. 24. 93-110. A Coruña: Real Academia Galega.

Santamarina Fernández, Antón / Fernández Rei, Francisco / González González, Manuel (1999). Atlas Lingüístico Galego. Volume III: Fonética. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Sousa Fernández, Xulio César (2007). “Xeolingüística e cambio lingüístico: gheada e seseo no ALPI e no ALGA” en María Iliescu (ed.) Actes du XVe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes. Tomo IV. 257-267. Innsbruck: De Gruyter.

Vidal Figueroa, Tiago (1993). “Proposta descritiva das consoantes fricativas alveolares dos dialectos galegos”, en Cadernos de lingua. Núm. 7. 5-26. A Coruña: Real Academia Galega.

Zamora Vicente, Alonso (1986). Estudios de dialectología hispánica. Anexo 25 de Verba. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Dispoñible en

http://bib.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/02448064100804728500080/index.htm (Consultado: 08/09/16).