TY - JOUR AU - Dopazo Entenza, José PY - 2017/12/12 Y2 - 2024/03/28 TI - Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo JF - Revista Galega de Filoloxía JA - Rev Gal Filo VL - 18 IS - 0 SE - Artigos DO - 10.17979/rgf.2017.18.0.3179 UR - https://revistas.udc.es/index.php/rgf/article/view/rgf.2017.18.0.3179 SP - 49-68 AB - <p>A Illa de Ons, desde comezos do século XIX ata o seu despoboamento na década de 1970, tivo unha importante comunidade de fala que desenvolveu características e peculiaridades lingüísticas. Tras o éxodo da súa poboación cara ás penínsulas máis próximas (O Salnés e O Morrazo), as persoas máis novas presentaron unha maior permeabilidade coas falas dos lugares de destino. As últimas xeracións son as que máis influencia tiveron, tanto do ambiente en que viven, coma do estándar do galego e do castelán. O modelo de tempo aparente permite achegarse á mudanza da comunidade de fala da Illa de Ons a través de tres xeracións para describir as fricativas que empregan os seus falantes (apical, laminal e interdental), así como as dependencias que mostren das variables sexo, nivel de estudos, lingua e nivel socioeconómico. Para tal fin conto con 24 gravacións transcritas cun total de 32 informantes. O que se observa é que a primeira das xeracións presenta sempre seseo, alternando entre apical e laminal (con predominancia deste último). A segunda ten unha maior vacilación canto á presenza ou non do seseo, sendo o apical o que máis aparicións mostra dentro desta modalidade. Por último, a terceira das xeracións presenta maioritariamente a fricativa interdental, por tanto, non hai apenas casos de seseo e, en caso de o empregaren, é de tipo apical.</p> ER -