TY - JOUR AU - Navaza, Gonzalo PY - 2016/11/08 Y2 - 2024/03/29 TI - A orixe literaria do nome da Coruña JF - Revista Galega de Filoloxía JA - Rev Gal Filo VL - 17 IS - 0 SE - Artigos DO - 10.17979/rgf.2016.17.0.1873 UR - https://revistas.udc.es/index.php/rgf/article/view/rgf.2016.17.0.1873 SP - 119-164 AB - <p>O nome actual da cidade naceu en 1208 para substituír o de <em>Faro</em>, que á súa vez substituíra o antigo de <em>Brigantium</em>. A institucionalización medieval do novo nome foi un acto administrativo do rei Afonso IX coincidente coa concesión aos veciños de Faro dunha carta foral que segue o modelo da concedida polo seu pai Fernando II aos de Benavente (Zamora), modelo que se aplicou noutras vilas reguengas dos reinos de Galicia e de León, ás veces con mudanza do nome do lugar. Cando se produce esta mudanza, as motivacións que levan os monarcas a escolleren os novos topónimos non son arbitrarias, senón que responden a criterios definidos, guiados por unha vontade augural ou de prestixio. De acordo con iso, deféndese a idea de que o nome que comeza rexistrándose en latín como <em>Crunia</em> en 1208 é un nome de orixe literaria, tomado dun topónimo que aparece na <em>Historia Turpini</em>, tamén coñecida como <em>Historia Karoli Magni et Rotholandi</em> ou <em>Pseudo Turpín</em>, isto é, o libro IV do <em>Codex Calixtinus</em>.</p> ER -