Vol 01 No 021 (2016): Educación Ambiental e o reto do compromiso social
Publicado: 2016-10-18

O reto actúal da educación ambiental é a implicación real da cidadanía co futuro do Planeta. Un compromiso que pasa polo cambio do modelo de vida de moitas e moitos cidadás. Mais tamén é preciso velar pola conservación de espacios, de especies e de culturas que están sendo agredidas, provocando seu deterioro e desaparición. Compromiso que debe xurdir do local para convertirse nunha práctica global.

Os artigos de este número comparten a ética da particiapación e da corresponsabilidade en diferentes ámbitos: nos Espazos Naturais Protexidos, nas Universidades, nas empresas... Unha vez máis, a presentación de experiencias e a análise de casos proporcionan metodoloxías de traballo, rutas e posibilidades de parcerías para seguir traballando xuntas e xuntos.

Neste novo número de ambientalMENTE sustentable mudamos algúns aspectos da maquetación da revista máis a filosofía da revista segue a ser a mesma. Gracias (obrigados) polo seu interese e colaboración.

Número completo

Traxectorias e retos

Recursos e instrumentos sociais