III Congreso Lusófono de Educación Ambiental
Vol 02 No 020 (2015): Educación Ambiental e participación social. Travesías e encontros para os bens comúns
Publicado: 2016-06-27

ambientalMENTE sustentable é unha revista científica que xurde no ano 2007 co motivo do 1º Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia; este número ten un carácter especial por doble motivo: porque celebramos os 10 anos da revista e porque recolle  as comunicacións presentadas no 3º Congresso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos.
Por tratarse dun número especial, a estrutura de revista tamén muda, pasando a ter oito apartados temáticos que responden aos oito eixos temáticos do Congreso. O tema que congrega a educadoras e educadores, persoal investigador, persoal de xestión e do ámbito políticos é a participación social na procura do ben común.
A continuación preséntanse moitas das 239 comunicacións que foron presentadas e debatidas en Torreia-Murtosa (Portugal) no mes de xullo do 2015. A maior parte do artigos son de corte investigador, contribuíndo a fornecer a disciplina cun ollar propio; tamén son numerosos os artigos de reflexión sobre experiencias desenvolvidas e promovidas por diferentes axentes (ONG, asociacións, organizacións públicas e outros organismos), dos que merecen un especial destaque aqueles desenvolvidos no ámbito escolar.
Agradecemos á organización do Congreso a oportunidade de ser o medio de divulgación das reflexións, investigacións e experiencias que se están a desenvolver no contexto actual da lusofonía.

Número completo

Documentos

Educación ambiental, identidade(s) do campo e políticas públicas

Educación ambiental, interpretación e conservación

Educación ambiental, comunicación e arte

Educación ambiental, nas escolas e nas universidades

Educación ambiental, ética e xustiza ambiental

Educación ambiental, dimensións socioeconómicas e valorización das comunidades locais

Educación ambiental, saberes tradicionais/alternativos