Vol 01 No 09-010 (2010): xaneiro-decembro 2010
Published: 2015-06-30
Traballo en rede desde a educación ambiental Este duplo número da revista é un monográfico sobre o traballo en rede desde a educación ambiental. Nel se recollen aportacións teóricas sobre o sentido profundo da sustentabilidade ambiental, traxectorias de traballo e boas prácticas nas que se evidencia a interconexión entre investigación e acción, ou o traballo en rede de iniciativas como a Conferencia Internacional Infantoxuvenil en Brasilia ou o Proxecto Fenix, a través do cal os galegos e galegas poideron participar na avaliación da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Por último, presentanse experiencias en rede en tres continentes, con distintas metodoloxías, temáticas, obxectivos e actores: experiencias desde México, desde Cabo Verde e San Tomé e Príncipe, e desde o estado español.

Bank of best practices

Documents