Vol 01 No 03 (2007): xaneiro-xuño 2007
Published: 2015-07-01
Cuestións de fondo na educación ambiental Ante a problemática ambiental, os modelos inxustos de desenvolvemento e as prácticas insostibles de xestión do medio, a educación ambiental preséntase como un necesario instrumento de intervención social, que axuda a definir novos actores e de "resignificar" o mundo. Unha vez máis, este novo número pretende divulgar os esforzos de investigación, análise e reflexións que se están a facer no ámbito educativo, tendo como escenario o mundo lusófono e Galicia, máis coa necesaria perspectiva de recibir aportacións desde outras realidades.