TY - JOUR AU - Bisquert i Pérez, Kylyan Marc PY - 2018/03/30 Y2 - 2024/03/29 TI - A rede de hortas municipais de Santiago de Compostela (Galiza) e as súas implicacións para a Educación Ambiental JF - AmbientalMENTEsustentable JA - Ambient Sustent VL - 23-24 IS - 1 SE - Educación ambiental, interpretación e conservación DO - 10.17979/ams.2017.23-24.1.3372 UR - https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2017.23-24.1.3372 SP - 141-163 AB - <p>Santiago de Compostela conta con hortas urbanas municipais dende 2008 grazas a un proxecto piloto de instalación de parcelas no parque de Belvís, no marco dunha estratexia consistorial para diversificar os usos das zonas verdes en clave de ocio saudable. Como finalidades, a recuperación dos saberes tradicionais, a mellora paisaxística e a promoción da agricultura ecolóxica. Nove anos despois, coa disposición de novas instalacións como resposta á demanda, a cidade goza dunha rede que integra cinco espazos máis, sumando ao redor de duascentas parcelas. O perfil das participantes é diverso, facilitando interaccións interxeracionais e á emerxencia de dinámicas sociocomunitarias. Porén, malia o seu potencial socioeducativo, non se conta cun programa de Educación Ambiental asociado dende 2011. Este traballo pretende salientar a relevancia destes equipamentos para a promoción dunha alimentación sustentable e a reconciliación cidadá coa riqueza cultural e biolóxica dos agroecosistemas galegos. Para tal fin, profúndase nesta experiencia dende as olladas das súas protagonistas, mediante entrevistas semiestruturadas a usuarias e responsables técnicas e políticas, complementadas cun grupo de discusión. O que en definitiva se pretende é suscitar a reflexión acerca das implicacións deste tipo de iniciativas para a construción dunha cultura da sustentabilidade social e ambiental nos contextos urbanos galegos.</p> ER -