@article{Sousa_Pinto dos Santos_Oliveira_2018, title={Nenos con NEE, ensino das ciencias experimentais e educación ambiental: unha perspectiva integradora}, volume={23-24}, url={https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2017.23-24.1.3381}, DOI={10.17979/ams.2017.23-24.1.3381}, abstractNote={<p>O presente artigo ten como finalidade dar a coñecer algunhas actividades desenvolvidas con alumnos con Necesidades Educativas Especiais (NEE), pertencentes a unha clase de 1.º ano de escolarización, recorrendo á #metodoloxía enformada polo Ensino Experimental das Ciencias e a temáticas ambientais pertinentes, como, por exemplo, a utilización da auga mentres recurso cada vez máis escaso, dominio en que a Educación Ambiental se revela preponderante.  Preténdese que os alumnos con NEE sexan cidadáns o máis autónomos e interventivos posíbel, nunha sociedade cada vez máis complexa e consumista, onde as escollas de todos en xeral, e de cada un en particular, poderán facer a diferenza en termos de utilización racional e sustentábel de recursos escasos e ameazados pola má xestión do ser humano. Unha escola inclusiva ten a función, mentres institución, de crear condicións para que todos os alumnos aprendan xuntos, independentemente das dificultades e das diferenzas, tal como preconizado pola Declaración de Salamanca. Sendo a temática da auga un contido curricular de abordaxe obrigatoria para todos os alumnos, foi elaborado un conxunto de actividades prácticas e experimentais coa intención dos axudar a tomar consciencia da importancia da correcta xestión da auga e do envolvemento de todos para alcanzar tal propósito. Tras a participación dos alumnos nestas actividades, verificouse que conseguiron facer conexións con outras realidades relacionadas coa temática, extrapolando para situacións do cotián.</p>}, number={1}, journal={AmbientalMENTEsustentable}, author={Sousa, Cátia and Pinto dos Santos, Olga María and Oliveira, Mario}, year={2018}, month={Mar.}, pages={249–256} }