@article{Guerra_Schmidt_2018, title={Formación local e procesos adaptativos. O lugar dos mestres no proxecto ClimAdaPt.Local}, volume={23-24}, url={https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2017.23-24.1.3366}, DOI={10.17979/ams.2017.23-24.1.3366}, abstractNote={<p>Asumindo o rol estratéxico dos municipios, as comunidades locais e a educación ambiental no esforzo conxunto de resposta ao cambio climático, o proxecto ClimAdaPT.Local tivo como obxectivo desenvolver Estratexias Municipais de Adaptación ao Cambio Climático e a súa integración na planificación municipal. Pretendíase lograr este obxectivo mediante o desenvolvemento de ferramentas e metodoloxías de implementación que incluíron a participación do persoal técnico municipal de 26 municipios e tamén a participación e capacitación das comunidades locais. Estes últimos aspectos xurdiron como unha condición sine qua non para lograr os obxectivos predefinidos e para crear novas oportunidades de transformación individual e social que mellorarían a resiliencia local e global. Para iso, contouse, entre outros actores, coa mobilización dos docentes, a súa experiencia formativa e a súa capacidade pedagóxica para promover os procesos de reflexión individual e colectiva. Centrándonos nos resultados dunha enquisa por cuestionario, este capítulo describirá algunhas conclusións dunha análise comparativa que postula o valor agregado dos docentes no proceso de mobilización comunitaria e confronta as súas posturas, capacidades e predisposicións coas doutros actores igualmente mobilizados para a adaptación e protección do medio ambiente.</p>}, number={1}, journal={AmbientalMENTEsustentable}, author={Guerra, João and Schmidt, Luísa}, year={2018}, month={Mar.}, pages={63–73} }