@article{Vera Cruz_Fernandes_Martins_2018, title={Xestión sostible de residuos sólidos urbanos en San Tomé e Príncipe: achegas da educación ambiental}, volume={23-24}, url={https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2017.23-24.1.3365}, DOI={10.17979/ams.2017.23-24.1.3365}, abstractNote={<p>En San Tomé e Príncipe, os cambios nos estilos de vida e os patróns de consumo provocaron un aumento das importacións e a comercialización dunha ampla variedade de produtos envasados, o que levou a un aumento na produción de residuos sólidos urbanos (RSU). Ao ser un país insular, a xestión de residuos foi un problema engadido. Por iso adquiren maior urxencia os proxectos de educación ambiental, que fomentan a redución, reutilización e separación en orixe. Con este estudo pretendemos coñecer os usos que os visitantes da Papeleira de Reciclaxe fan dos residuos recolleitos e a importancia económica desta actividade para as familias, para concienciar aos diferentes axentes relacionados coa xestión dos RSU da importancia da prevención e redución da produción de residuos. Aplicouse un cuestionario aos visitantes da Papeleira de Reciclaxe e realizouse unha entrevista aos representantes das Cámaras Distritales de *Água-Grande e Mé-Zochi. Realizouse unha acción para concienciar aos nenos que asistían á escola máis próxima. Os resultados mostran que existe unha percepción xeneralizada das consecuencias nocivas do manexo directo e o non tratamento dos RSU, pero perpetúan a súa recolección por razóns económicas e pola falta de aplicación de regras de manexo máis restritivas.</p>}, number={1}, journal={AmbientalMENTEsustentable}, author={Vera Cruz, Gelsa and Fernandes, Luís Filipe and Martins, Maria da Conceição}, year={2018}, month={Mar.}, pages={47–62} }