@article{Barba Nuñez_Morán de Castro_Meira Cartea_2015, title={A Educación ambiental en Galicia: controversias sobre o desenvolvemento do campo e o seu estado actual}, volume={02}, url={https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2015.02.020.1591}, DOI={10.17979/ams.2015.02.020.1591}, abstractNote={<p>Nun contexto socioeconómico e político como o actual, que demanda a transformación cara outros modelos de sociedade, a educación ambiental en Galicia, que podería ser unha ferramenta potente para o cambio, está a sufrir un preocupante retroceso respecto a conquistas alcanzadas en décadas anteriores (SGEA, 2011). Este artigo busca aportar un pouco de luz sobre esta realidade, presentando algunhas das principais conclusións da investigación “A educación ambiental en Galicia: análise sociobiográfica da súa construción como campo”, tese doutoral realizada no marco do Grupo de investigación SEPA da USC, con cargo ás axudas do Plan Galego 2011/2015 (Convocatoria 2011). No texto recóllense aqueles puntos interpretativos que contribúen á liña de reflexión proposta no III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa, arredor do paradoxo sobre unha perda de peso da educación ambiental nas políticas ambientais e educativas mentres que vai parella ao empeoramento das problemáticas que constitúen a crise ambiental. Tras os discursos oficiais deterministas, que argumentan e xustifican o desmantelamento do campo sobre a base das “necesarias” e “inevitables” políticas de austeridade, escóndense dinámicas e loitas de poder que veñen condicionando a súa traxectoria e que resulta interesante facer explícitas.<br><br></p>}, number={020}, journal={AmbientalMENTEsustentable}, author={Barba Nuñez, María and Morán de Castro, M. Carmen and Meira Cartea, Pablo A.}, year={2015}, month={Dec.}, pages={33–48} }