Imos constituír o noso propio poder!

  • Cidadas e cidadãos do Povo da Terra

Abstract

Nós, cidadáns  e cidadás   do  Pobo  da   Terra,  de   todos  os  países, culturas   e tradicións,   reunidos   en   París    neste    momento   histórico,   testemuñas do desequilibrio  climático e  da  degradación dos  recursos  naturais  esenciais  para  a vida  na  Terra e  da  crecente  desigualdade  entre  os  seres  humanos, estamos determinados a  preservar  a  capacidade  de  vivir das xeracións  presentes  e futuras.  Empoderados  de nosos coñecementos e  culturas  e  tendo  mobilizado nosa  capacidade  de actuar en múltiplas  iniciativas en  todo o  mundo  con vistas á Grande  Transición, vemos con  preocupación  a  inadecuación  e a  incapacidade  do proceso  de  negociación  das  Nacións  Unidas  desde  1992  ata  2015,  de facer  un acordo ambicioso,  valente e  convincente para evitar  maiores  consecuencias dun  desequilibrio  climático  anunciado fai moito  tempo por científicos, e cuxos efectos desastrosos son agora evidentes.
Published
2018-02-19