Contido principal do artigo

Carlos Albrieu
Universidade Nacional da Patagonia Austral Asociación Ambiente Sur
Silvia Ferrari
Universidade Nacional da Patagonia Austral, Asociación Ambiente Sur
Germán Montero
Asociación Ambiente Sur, Municipalidade de Río Gallegos (R.Arxentina)
Vol. 01 Núm. 09-010 (2010), Traxectorias e retos, Páxinas 81-97
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2010.01.09-010.825
Recibido: xuño 30, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

As aves praieiras migratorias son moi sensibles aos cambios de hábitat por mor da súa dependencia a un limitado número de sitios durante as súas longas migracións, onde se concentran en grandes cantidades nun momento dado. Requiren, da quela, de estratexias de manexo do hábitat caso da protección das áreas críticas e, especialmente, dunha concienciación por parte das comunidades e dos dirixentes políticos en particular. Neste contexto preséntanse as estratexias e as accións de conservación emprendidas durante os últimos dez anos no esteiro do río Gallegos, ambiente dun gran valor para estas especies, mais que está a sufrir fortemente o impacto da acelerada urbanización da costa. A meta perseguida foi modificar a tendencia no uso da costa e mellorar a relación do ser humano co seu contorno. Traballouse mediante unha articulación coas administracións gobernamentais, os sectores educativos, particulares e ONG locais e internacionais. Entre os resultados cómpre salientar a creación de dúas áreas protexidas (provincial e urbana), a promulgación da Lei provincial de conservación das zonas húmidas e das aves praieiras, o recoñecemento como sitio de importancia internacional pola Rede Hemisférica de Reservas para Aves Praieiras e, finalmente, a declaración como un sitio AICA/IBA.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo