Contido principal do artigo

Franciso Sóñora Luna
Director do Proxecto Climántica. Consellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia
Vol. 01 Núm. 03 (2007), Banco de boas prácticas, Páxinas 119-140
DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2007.01.03.903
Recibido: xul. 1, 2015
##submission.howToCite##

Resumo

Climántica é un proxecto de educación ambiental que trata todas as problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático. Representa un dos catro piares sobre os que se asenta o Plano Galego de Acción contra o Cambio Climático (véxase a figura 1), sendo os outros tres a mitigación, a investigación e a adaptación. Parte da publicación de oito libros con estrutura de unidade didáctica, dos que o primeiro trata dun xeito xeral o tema do cambio climático. Os outros sete tratan a enerxía, os residuos, o ciclo da auga, a biodiversidade, o territorio, o medio rural e o medio urbano. Estas unidades didácticas globais alimentan todo o proxecto e sobre o seu contido elabóranse bandas deseñadas, revistas, documentais e cursos multimedia para a autoaprendizaxe na web www.climantica.org. Todo isto, alóxase na web xunto con novas de educación ambiental e cos contidos que xorden da aplicación do proxecto nos centros.


Este proxecto vai dirixido á cidadanía en xeral a través da web, onde á parte de dispoñer de todos os contidos educativos, tamén se ofrece a oportunidade de preguntar, opinar e debater a través dun blog. Mais o punto de arranque está no ensino secundario, porque os autores son docentes dese nivel, que ademais resulta unha etapa chave para comezar o estudo científico rigoroso dunha problemática tan global, complexa e interdisciplinar. De momento, ao ensino primario achégase mediante a fantasía infantil a través de bandas deseñadas, curtos de animación e videoxogos educativos. Tamén se está abrindo a vía do ensino universitario a que se agarda chegar o próximo curso.

Descargas

Os datos de descargas todavía non están dispoñibles.

Detalles do artigo