A avaliación en actividades de educación ambiental baseadas na indagación

Alicia Fernández Rodríguez

Resumo


Co fin de pescudar si os alumnos alcanzaron os obxectivos establecidos nunha actividade de educación ambiental, temos que recorrer á avaliación, unha tarefa complicada pero necesaria. En ocasións, en contornas de aprendizaxe non formal, a avaliación non se leva a cabo ou se realiza moi someramente. Entre as principais causas identificadas atópanse a falta de formación dos educadores sobre temas de avaliación ou á falta de tempo, xa que os alumnos que visitan os centros de educación ambiental non o fan de xeito continuado, senón de xeito ocasional, polo que o seguimiento do seu progreso con vértese nunha ardua tare fa. Ao contrario, existen varios métodos exitosos aplicables a actividades baseadas na indagación en contornas de educación non formal. A través do Proxecto Europeo INQUIRE, cuxo obxectivo foi estender o Ensino das Ciencias Baseada na Indagación a través de Europa, puxéronse en práctica algúns destes métodos de avaliación: mapas conceptuais, mapas mentais, debuxos conceptuais, cuestionarios, observación e preguntas directas.


Palabras clave


Avaliación formativa, avaliación sumativa, calificación, indagación, mapa conceptual, debuxo conceptual, mapa mental, educación ambiental, xardín botánico

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.17979/ams.2013.1.15-16.782

##plugins.generic.referral.referrals##

  • ##plugins.generic.referral.all.empty##