AmbientalMENTEsustentable é unha publicación semestral da área de ciencias sociais, con carácter interdisciplinar (ciencias da educación, socioloxía, ciencias económicas, ciencias da natureza, ciencias da saúde, ciencias químicas, enxeñaría civil e arquitectura, ciencias xurídicas, enxeñaría informática, ciencias físicas, matemáticas etc.) editada polos Grupos de Investigación “Política Educativa, Historia e Sociedade” da Universidade da Coruña (Galicia-España), “Educação Ambiental, Comunicação e Arte” da Universidade Federal do Mato Grosso (Brasil) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), coa colaboración do Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña.
Os obxectivos da revista son: divulgar as achegas de carácter científico que desde as distintas áreas do coñecemento se están a facer no ámbito da educación ambiental, abordar temas socioambientais de actualidade e presentar propostas anovadoras en que se una investigación e acción, reflexión teórica e xestión.
A revista admite colaboracións en castelán, portugués, galego e inglés; á marxe do idioma no que se reciba, todos os artigos terán unha versión en galego ou portugués e outra en castelán. Máis información no Centro de Documentación do CEIDA.

Vol. 28 Núm. 1-2 (2021)

Oceáno, Lusofonia e Educación Ambiental: caminos de esperanza para unha transformación socioecolóxica na CPLP

A Rede Lusófona de Educación Ambiental (Redeluso) foi fundada no ano 2005, en Portugal, durante as xornadas da Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA). En 2006 algúns dos seus membros reuníronse pola primeira vez de forma presencial en Joinville (Brasil), durante o V Congresso Iberoamericano de Educación Ambiental. Neste evento, decidimos realizar congresos periódicos, que tiveron a seguinte cronoloxia:

2007 – Santiago de Compostela, Galiza
2013 – Cuiabá, MT, Brasil
2015 – Torreira, Murtosa, Portugal
2017 – Ilha do Príncipe, São Tomé e Príncipe
2019 - Arquipélago de Bijagos, Guiné-Bissau
2021 - Ilha San Vicente, Cabo Verde

O programa do VI Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Paises e Comunidades de Lingua Portuguesa da continuidade á metodoloxia dos congresos anteriores, contribuíndo para a formulación de políticas públicas que axuden ao fortalecemento da educación ambiental nos países Lusófonos e Galiza.

Este espazo ten como obxectivos específicos:

• Fortalecer procesos conxuntos de investigación, formación e información, no campo da Educación Ambiental, contribuindo para o debate sobre o futuro do planeta. Isto representa un convite aos participantes para articular as súas identidades perante os desafios da Educación Ambiental nos países Lusófonos e Galiza;
• Mellorar a produción científica en portugués, valorizando as iniciativas de revistas periódicas e outros meios de divulgación sobre Educación Ambiental;
• Promover a comunicação científica sobre a Educación Ambiental por medio da comunicación educativa, como os materiais pedagóxicos e os diversos sistemas dixitais, como blogs, sites, redes escolares e listas de discusión;
• Construir un proceso de aprendizaxes permanente que favoreza a identidade lusófona na estrutura filosófica de Educación Ambiental.

A estrutura do congreso foi ideada en base ás suxestións e contributos resultantes do proceso participativo na REDELUSO. A continuación preséntanse algunhas das aportacións achegadas neste último congreso.

Publicada: 2022-12-22

Táboa de contidos

A poética da Educación Ambiental na literatura de João Guimarães Rosa

  • Elni Elisa Willms
  • Michèle Sato
Publicado: nov. 21, 2022
páxinas 7-19

Como descarbonizar a nosa dieta? Investigación-acción-participativa en equipamentos para a educación ambiental no binomio Dieta-Cambio Climático

  • Sara Costa Carvalho
  • Pablo Ángel Meira Cartea
  • Ulisses Miranda Azeiteiro
Publicado: dec. 21, 2022
páxinas 21-37

Problemas ambientais a escala global e nacional (Portugal)/estatal (Brasil) desde a perspectiva dos estudantes de ESECS-IPL e do Centro Universitário de Santa Fé do Sul–UNIFUNEC: Identificación e análise comparativo

  • Mário Acácio Borges de Melo Correia de Oliveira
  • Olga Maria Assunção Pinto dos Santos
  • Ana Paula dos Santos Prado
  • Regina Maria de Souza
Publicado: dec. 21, 2022
páxinas 39-53

Alfabetización oceánica: comunicarse para (a)mar

  • Ana Laranja
  • Sílvia Morim
  • Marta Correia
  • C. Marisa Almeida
Publicado: dec. 21, 2022
páxinas 55-62

O traballo colectivo no contexto das comunidades e Países de Língua Portuguesa: O proceso de tecer a Rede Oceano

  • Isis Torales
  • Marília Andrade Torales-Campos
  • Dione Iara Silveira Kitzmann
Publicado: dec. 21, 2022
páxinas 63-72
Ver todos os números